Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro pide melloras na gravación dos plenos e a súa retransmisión nas redes

Viveiro, 7 de xaneiro, 2022. En setembro de 2019, aprobábase a moción do BNG para avanzar na democratización e transparencia do Concello de Viveiro que incluía a gravación das sesións plenarias en video e a súa subida á web oficial do Concello.

En setembro de 2020, a través dun rogo solicitábamos levar a cabo as melloras técnicas necesarias para solventar a mala calidade das gravacións, sobretodo na calidade do audio das mesmas.

Dende o BNG de Viveiro apostamos pola transparencia, facilitando ao conxunto da veciñanza o acceso á actividade municipal, sendo as sesións plenarias unha parte importante. Neste momento a mala calidade do vídeo, que se comece tarde a retransmisión, a falta de difusión da axenda de plenos e incluso que non se publiquen os asuntos da orde do día, dificultan que a veciñanza se sinta motivada a seguir a política municipal.

Polo que rogamos unha vez máis, se mellore a calidade dos vídeos, se de a publicidade axeitada da axenda e contido das sesións plenarias e se retransmita a sesión plenaria a través das redes sociais do Concello de Viveiro, como son o Facebook e Instagram oficial do Concello e así chegar ao maior número de veciñanza posíbel.

Exit mobile version