“Non entendemos o atrevemento do alcalde. Sinceramente parécenos moi atrevido o que di, xa que todos os veciños sabemos que el vai e vén todos os días. Por vivir, nin tan sequera vive en Muras nin na provincia”. Por tanto, apunta: “todo o que diga a este respecto, carece de rigor”. “É máis, ninguén llo cre”, asegura a voceira do PP.
A este respecto, Eugenia Requeijo considera que o nacionalista debería de ter “máis humidade política”, xa que “o único polo que se lle coñece e por falar sen xeito”, pois “o que é apoiar aos veciños e aos gandeiros, iso non lle importa”. A popular lembra así como o alcalde votou en contra da moción do PP, a través da que se pedía ao Goberno non protexer ao lobo e, pola conta, si aos gandeiros.
Por este motivo, os populares consideran que Muras “o que precisa é un alcalde que defenda ao pobo e non un alcalde que o único que fai é venerar as súas crenzas políticas e non os intereses dos veciños”. Diante esta “triste realidade”, Eugenia Requeijo di que “non nos quedaremos calados e seguiremos pelexando polo que nos trasladan os nosos veciños”.