Site icon Crónica3.com A Mariña

Miñones reafirma o compromiso do Goberno coa Mariña para situar a comarca lucense “nas mellores guías do turismo de calidade”

Foz, 25 de xaneiro de 2022. O delegado del Goberno en Galicia, José Miñones, reafirmou hoxe o compromiso do Goberno coa comarca da Mariña durante a presentación do Plan de Sostibilidade Turística que mobilizará 2,2 millóns de euros durante tres anos para transformar esta comarca lucense nun destino turístico de referencia, sostible e competitivo. O acto tivo lugar esta mañá en Foz, na sede do Cenima, e contou coa participación do presidente da Mancomunidade de municipios da Mariña e alcalde de Foz, Francisco Cajoto, e o delegado da Xunta, Javier Arias. Ao acto asistiron a subdelegada do Goberno na provincia de Lugo, Isabel Rodríguez, así como alcaldes e representantes dos dezaseis concellos que integran a Mancomunidade da Mariña.

José Miñones asegurou que o Plan de Sostibilidade Turística “está chamado a situar a comarca da Mariña nas mellores guías do turismo de calidade” e destacou que o proxecto “é un exemplo da aposta do Goberno por Galicia, que se traduce en investimentos como os 80 millóns de euros para a modernización turística da Comunidade mobilizados só no mes de decembro”.

O delegado remarcou a aposta do Goberno polo turismo sostible en Galicia “que se reflicte nesta aposta pola Mariña e por toda a provincia de Lugo”, xa que tamén no sur da provincia está en marcha outro Plan de Sostibilidade Turística, dotado con 2 millóns de euros, para consolidar o destino turístico da Ribeira Sacra. Dese plan benefícianse 25 concellos galegos, 13 do sur da provincia de Lugo e os 12 restantes da de Ourense.

Miñones subliñou que o Plan de Sostibilidade Turística da Mariña “é un proxecto que conta con todo o respaldo do Goberno e, concretamente, da Ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, como se puxo da manifestó na visita efectuada á comarca o pasado verán polo Secretario Xeral de Turismo.

“Desde o Goberno buscamos impulsar un desenvolvemento turístico sostible para esta comarca, que supoña un revulsivo económico”, sinalou o delegado. Explicou que se trata de “aproveitar todo o magnifico patrimonio natural e cultural que tedes, coa finalidade de desestacionalizar a chegada de turistas e de xenerar emprego e aumentar a riqueza desta comarca”.

Enfatizou tamén a colaboración institucional que supón o Plan de Sostibilidade Turística da Mariña, polo que aplaudiu o liderado da Mancomunidade de Municipios. Así, sinalou que “a Mancomunidade tivo a intelixencia de deseñar un proxecto que foi quen de aunar vontades e lograr o apoio de todas as Administracións nun magnífico exemplo de cogobernanza”.

“A Mariña ten futuro, porque está chea de potencialidades e, sobre todo, porque conta cos mellores recursos humanos”, asegurou José Miñones. Por iso, adiantou que “esta aposta que hoxe facemos desde o Goberno será un éxito rotundo”.

Exit mobile version