Site icon Crónica3.com A Mariña

Leo Bassi chega este sábado a Viveiro co seu espectáculo ‘Yo, Mussolini’

A Mariña, 26 de xaneiro, 2022. Provocador, comprometido, artista e, sobre todo, moi divertido. Así é Leo Bassi, undos clowns máis coñecidos do mundo que a vindeira semana actuará en, Lugo (27/01), Salceda de Caselas (28/01) e Viveiro (29/01).

Subirá aos escenarios co seu espectáculo ‘Yo, Mussolini’, no que volve posicionarse fronte á extrema dereita e o actual auxe en todo o mundo da vella ideoloxíafascista. Un desafío directo á xente que ten loitado sempre por unha vida máis solidaria e humanista.

Yo, Mussolini é unha peza provocadora e divertida, pensada para xerar optimismoe dar ao público que sae do teatro gañas de resistir, ou, mellor, “risistir!” con intelixencia á intolerancia. E é que a mensaxe máis importante desta peza de Leo Bassi é que o fascismo crece polo medo que xera, e que o mellor antídoto contraese medo é o sentido do humor.

Sobre Leo Bassi

Leo Bassi leva o circo no sangue. Hai seis xeracións, un devanceiro de Leo Bassi loitou á beira de Garibaldi antes de crear un dos primeiros circos modernos da Toscana. Máis aló de continuar coa tradición familiar, salvagarda un propósito: manter vivo o espírito provocador que caracteriza o selo da súa estirpe. Porque Leo é un bufón, un home comprometido que considera que o pallaso debe mirardirectamente ao poder, mofarse del e denuncialo mediante a risa.

A provocación é unha ferramenta do compromiso para este italiano que debutou con sete anos en Australia, iniciando aos 23 a súa carreira en solitario, creando os seus propios espectáculos e converténdose, co paso dos anos, nun dos clowns máis coñecidos do mundo.

Exit mobile version