Site icon Crónica3.com A Mariña

Este venres remata o prazo para participar no pedido conxunto de árbores froiteiras de Cervo

O Concello de Cervo lembra á veciñanza que o próximo venres 21 de xaneiro remata o prazo para participar no pedido conxunto de árbores froiteiras, que tramita cada ano a delegación de Medio Ambiente dirixida por Mali Méndez, “co obxectivo de revitalizar as fincas, para que sexan cada vez máis produtivas”. Méndez recorda que os impresos están a disposición das persoas interesadas ata este venres, no Rexistro do Concello de Cervo.

Exit mobile version