Serán uns 19 kms dende a praia de Serantes a Porcía.

Á cita asistiron tamén alcaldes da provincia, como a Alcaldesa de Vilalba Marta Rouco, a Alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira e o Alcalde de Fonsagrada, Carlos López. Na xuntanza estiveron así mesmo concelleiros e concelleiras da Terra Chá e da Mariña, así como representantes e militantes de agrupacións socialistas da provincia.
Alfonso Villares participou na foodtruck de Galicia Sabe Amar con motivo do Campionato de Marcha Atletismo, no Complexo Deportivo de A Veiga.
Foi unha noite moi fermosa e divertida no Restaurante A Chave das Noces, onde non faltou unha caricatura feita por Adri Pardo, e unhas xoias para que luza agora nesta nova etapa.
O presunto autor pretendía saír de maneira ilícita do interior dunha fábrica sita en San Cibrao-Cervo, con cinco bloques de aluminio ocultos no interior do seu vehículo. Os feitos foron detectados pola seguridade privada do complexo industrial ao redor das 06.30 horas do pasado día 8, cando o detido pretendía saír das instalacións, alertando os vixiantes á Garda civil, a cal procedeu á detención do infractor. A persoa detida foi posta ao dispor do Xulgado de Instrución un de Viveiro.
Acompañado de persoal doutras categorías xuntouse en defensa dos pacientes
Chámase Galán e xa se integrou na Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA). Está especializada exclusivamente en moda masculina cunha coidada selección de confección, punto, roupa interior e complementos e firmas como Pertegaz, Gaea, Berto ou Birdigan.
Trátase da escultura dun cabaliño de mar realizada polo artista de Cedeira Manuel Armada Santalla, coñecido polas súas creacións a partir de materiais reciclados.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital