Baixo o lema “En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos”, o Bng mariñao iniciou no día de hoxe esta campaña en Burela e Viveiro co reparto de folletos informativos e convidando a asistir á concentración que a CIG convoca para este domingo día 30 na Praza do Concello en Viveiro.
Desde o Bng afirman que o goberno de Psoe e Unidas Podemos non derroga a Reforma Laboral do PP de 2012, senón que consolida os aspectos mais lesivos da mesma, como as facilidades para o despedimento e o seu abaratamento, a eliminación da autorizacion administrativa para os despedimentos colectivos (EREs), a prevalencia dos convenios estatais sobre os provinciais ou galegos….entre outras medidas lesivas e perxudiciais para traballadoras e traballadores.
O BNG defende a derrogación íntegra da Reforma Laboral do PP de 2012
Desde o Bng destacan a necesidade da derrogación íntegra da Reforma laboral do PP para reverter e evitar as facilidades para o despedimento e recuperar a idemnización de 45 días, e para garantir que as modalidades de contratación sirvan para unha verdadeira erradicación da temporalidade e a precariedade, algo que na proposta de Psoe e Up non se contempla, pois prefiren someterse ás directrices da Unión Europea (que esixirá manter a reforma do PP para liberar os fondos Next Generation) e aos intereses das grandes empresas en vez de cumplir coas traballadoras e traballadores.
Recuperar a autorización administrativa previa por parte da autoridade laboral nos despedimentos colectivos (EREs) para que a administracion poida actuar e evitar casos como o de Vestas en Viveiro
O responsable comarcal do BNG Antonio Veiga fixo fincapé neste punto sinalando que a autorización administrativa previa por parte da autoridade laboral daría capacidade á administración para actuar no caso de despedimentos colectivos non xustificables por causas obxectivas ou fronte a intentos de deslocalización por parte das empresas, “algo que na Mariña desgrazadamente coñecemos ben, tal como foi o caso de Vestas en Viveiro, e non podemos permitir que esta situación volva a repetirse noutras empresas, polo que é necesaria a derrogacion íntegra da Reforma Laboral do PP de 2012 para recuperar a autorización administrativa previa”, afirmou.