Foz, 8 de xaneiro de 2022. Electricidad Núñez gañou o concurso de escaparates Nadal 2021, convocado por AciaFozCCA. O segundo posto foi para Antigüidades Álvarez e o terceiro premio compárteno dous negocios: Viajes Rodríguez e Amarena.
O xurado decidiu outorgarlle un premio especial a Pastelería Anduriña “pola súa decoración interior” e tamén a Fauna “pola súa orixinalidade”.
Desde AciaFozCCA agradecen a participación e o esforzo realizado polos locais para encher de luz e de maxia os seus escaparates e pola súa contribución a crear un agradable ambiente de Nadal.
Este Nadal AciaFozCCA repartiu 6.000 euros en vales de compra superando os 70 premiados. O presidente, José Carlos Paleo, felicita “a todos os premiados tanto no concurso de escaparates como ás persoas que conseguiron eses vales de compra. Quero agradecerlle á clientela a súa fidelidade cos nosos negocios. Xuntos somos máis fortes, o comercio fai pobo”.
Paleo anima “a aproveitar as rebaixas de inverno, que xa deron comezo, para facerse con prendas e produtos de tempada a prezos moi interesantes. No comercio local temos de todo”.