Balseiro lembrou que o pacto de investidura de Pedro Sánchez, asinado por PSOE e BNG, incluía o compromiso de aprobar un estatuto para as empresas electrointensivas que garantizase un prezo da enerxía competitivo, “un prezo que permitiese seguir coa produción de aluminio primario”, promesa hoxe claramente incumplida.
O deputado popular afirmou, no día no que cesa a fabricación de aluminio en España coa parada de Alcoa San Ciprián, que agrada que as cubas poidan reactivarse canto antes, incluso antes de 2024, data límite pactada pola empresa e os traballadores.
“Sufrimos as consecuencias dunha política enerxética totalmente equivocada desvelada desde A moncloa, e do incumprimento do pacto de investidura de Pedro Sánchez. ¿De que serviu a foto de Ana Pontón e Adriana Lastra? ¿Por que PSOE e BNG non cumpriron as súas promesas cos traballadores de Alcoa?” preguntou Balseiro