A Alcalde, Darío Campos, remarcou que “abriremos esta nova iniciativa turística con tódalas garantías e por suposto, atendendo sempre as recomendacións sanitarias”. Este complexo conta con dous grandes atractivos: visitar a única galería mineira aberta ao público de Galicia e lanzarse pola tirolina que conta con 330 metros de lonxitude. A instalación da Pontenova recrea o trazado do antigo tranvía aéreo que, atravesando o río Turia, transportaba o mineral desde as ladeiras da mina de Consuelo ata a mina de Boulloso.
A inauguración da tirolina da Pontenova, que estaba prevista para este venres, queda adiada ata novo aviso debido ao confinamento de varios empregados da empresa adxudicataria, que xestiona esta instalación.

Relacionado
-
O PP advirte que “a conta do Concello do ano 2023 reflicte o estancamento da Pontenova” e a “falta de impulso por parte do goberno local”
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo
-
Este pasado domingo, 17 de novembro, tivo lugar a tradicional comida próxima ó Nadal da Peña Deportivista de Burela