Site icon Crónica3.com A Mariña

A flota do grupo Puerto de Celeiro acada o certificado de pesca sostible ‘Friends of the Sea’

Viveiro, 22 de xaneiro de 2022. O Concello de Viveiro quere felicitar publicamente ao grupo Puerto de Celeiro tras conseguir que a totalidade dos palangreiros de fondo da flota de Celeiro obtiveran o certificado de pesca sostible “Friend of the Sea”.

A etiqueta “Friend of the Sea”, que se coloca a cada unha merluzas do pincho comercializada na lonxa de Celeiro por estes 22 barcos, significa que na súa captura se utilizan artes de pesca selectiva sen impacto relevante no fondo marino e que as capturas proveñen de stocks non sobreexplotados e legalmente xestionados, sen bycatch de especies amenazadas e baixo criterios de responsabilidade social.

Esta distinción súmase aos premios e recoñecementos obtidos anteriormente, contribuíndo na promoción e expansión da merluza do pincho de Celeiro que é, sen lugar a dúbidas, o produto gastronómico máis representativo do noso municipio, un produto de calidade e recoñecemento internacional, do que nos sentimos profundamente orgullosos.

Polo bo facer do grupo empresarial Puerto de Celeiro, que se ve recoñecido con certificacións como esta, os nosos máis sinceros parabéns.

Exit mobile version