Entre os que participaron, destacar a Mari Luz San Martin na categoría W70 que se proclamou campeona galega nas probas de 60 metros lisos e 200 metros lisos, acadando as mínimas para o campeonato de España que se celebrará en Valencia. A súa compañeira Begoña de Arriba, foi a campeona nos 3000 metros lisos na categoria W65, acadando un tempo de 16:26” non acadando a mínima para o campeonato de España e tendo que esperar para a repesca.
Na categoría masculina, Domingo Álvarez en M70, foi campeón galego na proba de 200 metros lisos, acadando a mínima para o campeonato de España.