Polas xornadas deste ano pasaron 16 alumnos/as de 5º de Primaria o martes 14 de decembro, 18 de 3º de Primaria e 23 de 4º o mércores 15. Quedan por participar os alumnos/as de 6º curso, que o farán nunha xornada por determinar en xaneiro do 2022.
As xornadas teñen unha doble vertente, con explicacións teóricas a cargo do Técnico de Cultura Mario Eijo, e unha parte práctica a cargo do veterano xogador José González Rodríguez, quen se encarga de explicarlles de forma práctica como se tira, como hai que coller a bola, etc.
O obxectivo destas Xornadas, ademais da promoción deste deporte, é o de incorporar novos xogadores/as á Liga de Bolos Municipal, dado que hai uns anos houbo un baixón no número de xogadores ao retirarse moitos dos vellos practicantes e non haber relevo; debido a isto, o Concello, hai 21 anos decidiu crear unha Liga Sub 16 co fin de ir preparando xogadores/as que puideran cubrir as vacantes.
Estas xornadas véñense celebrando dende hai varios anos, contan coa colaboración do Departamento de Educación Física do Colexio Pedro Caselles, o profesor Jacobo Varela.