Sucedeu ao fío das 15:30 horas de hoxe na Praia de Arealonga. Foi a esa hora cando un compañeiro da persoa afectada chamou ao 112 Galicia para informar da situación. Durante a comunicación cos xestores de emerxencias informou que a persoa necesitaba axuda para abandonar o lugar no que se atopaba, despois de ser sorprendida pola forza do mar, cando ambos estaban paseando polo areal.
Así, desde o 112 Galicia activouse un operativo no que participaron equipos de Salvamento Marítimo, Gardacostas de Galicia, Bombeiros de Barreiros, axentes da Garda Civil e efectivos de Protección Civil da localidade.
Finalmente, a persoa puido ser rescatada polo helicóptero Pesca II de Gardacostas de Galicia en perfecto estado de saúde.