Site icon Crónica3.com A Mariña

Un grupo de nais do CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo critica a tardanza por parte do SERGAS na aplicación dos protocolos tras un positivo

Ribadeo, 27 de decembro, 2021. O pasado 21 de decembro apareceu un caso positivo covid na aula 6ºB de E.I do CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo.

O 22 de decembro, as familias somos informadas desde o centro educativo: confinamento das crianzas na espera da chamada do servizo de control e rastrexo. Tendo en conta que constantemente recibimos información e presións dada a vulnerabilidade e sensibilidade das crianzas non vacinadas en relación á Covid-19, e que estamos falando de 22 contactos estreitos (22 posibles positivos xa que as crianzas en infantil non utilizan máscara); somos as nais as que chamamos ao servizo de Control, Detección e Rastrexo de casos Covid-19 desde o día 23.

As persoas cas que nos comunicamos, día tras día, comproban os datos d@s nos@s fill@s e ofrécennos sempre a mesma resposta: non constan como contactos estreitos, non figura expediente, nin alerta.
Por parte do colexio, ontes, 26 de decembro ante as nosas queixas e a ausencia total de seguemento, infórmannos que deron apertura a un novo expediente.

Como establece a Lei Pública de Saúde de Galicia, 8/2008 do 10 de xullo esiximos unha verdadeira humanización e calidad humana na xestión deste caso, @s nos@s nen@s pese a 6 días de chamadas seguen sendo transparentes para o sistema.

Corresponde ao SERGAS darnos garantías sen demoras no acceso ao seguemento destes casos especialmente sensibles e vulnerables (poboación sen vacinar)

As nais que asinamos esta queixa reclamamos que se asuman responsabilidades e que se corrixa o erro para protexer ás nosas crianzas: despois de case 2 anos de pandemia onde nenas e nenos foron acusad@s de multicontaxiadores e supercontaxiadores, de cerrarlles os parques, xardíns e randeeiras alegando a cuestións de seguridade e agora case exclusivamente culpabilizalos da elevada incidencia porque están sen vacinar, á hora da verdade, ignoran as nosas circunstancias e non nos dan fórmula algunha para saír desta situación

Nós estamos cumprindo cos nosos deberes como usuario@s do SERGAS, polo tanto esiximos un compromiso igual por parte da administración no control e seguemento destes casos.

Asdo.
Sandra Saavedra Blanco
Oliva Díaz Fernández
Olivia Rey Soto
Raquel Gonzalez Insua
Lucía Rodríguez Huertas

Exit mobile version