O venres 17 de decembro, ás 20:30 horas, a Igrexa das Concepcionistas acollerá o concerto do coro do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.
O sábado 18 de decembro ás 20:30 horas, de novo a Igrexa das Concepcionistas recibirá outra cita musical. Neste caso será o Concerto de Panxoliñas 2021, a cargo da Coral Polifónica Alborada de Viveiro.
Ambos eventos neste espazo contarán coa colaboración das Relixiosas Concepcionistas de Viveiro. Os dous concertos serán de balde ata completar aforo, sen reserva previa de entradas.
Por último, o domingo 19 de decembro ás 20:00, o Teatro Pastor Díaz recibirá o concerto do grupo “Escolma de Meus”. A entrada tamén será gratuíta, máis cómpre reservala previamente no teléfono 982 560162 ou en rbg.cultura@viveiro.es
Nestas tres citas musicais será obrigatorio o uso de máscara en todo momento, en cumprimento cos protocolos sanitarios actuais.
“Son tres concertos moi esperados, xa que estas agrupacións, tan activas en Viveiro, tiveron que deixar de actuar por mor da pandemia, polo que é unha sorte gozar de novo delas”, subliña Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura de Viveiro