O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este luns no acto conmemorativo do 43 aniversario da Constitución Española que organizou a Subdelegación do Goberno na súa sede de Lugo. Durante o evento, ao que asistiron diferentes autoridades da provincia, fíxose lectura de varios artigos da Carta Magna e escoitouse o himno galego e nacional.