O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este luns no acto conmemorativo do 43 aniversario da Constitución Española que organizou a Subdelegación do Goberno na súa sede de Lugo. Durante o evento, ao que asistiron diferentes autoridades da provincia, fíxose lectura de varios artigos da Carta Magna e escoitouse o himno galego e nacional.
Tomé participa no acto do 43 aniversario da Constitución organizado pola Subdelegación do Goberno
- Seguinte
A nutricionista do Pescados Rubén Burela FS, Cristina Pérez Rodil, visitou este martes o alumnado de Técnico Superior de Ensinanza e Animación Sociodeportiva IES Monte Castelo de Burela para falar de nutrición deportiva, no Día Internacional da Loita contra os Trastornos da Conduta Alimentaria