Burela, 21 de decembro, 2021. Dentro do Ciclo Monicreques, organizado pola Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Deputación de Lugo e a Delegación Municipal de Cultura do Concello de Burela, presentamos á Cía. SPAGUETTI TÍTETES coa obra “Historias para unha man” – A Poética do Movemento – destinado a todolos públicos e entrada libre ata completar aforo.
A representación terá lugar no auditorio da Casa da Cultura, o vindeiro xoves, 23 de decembro, ás 18:00 horas.
Se hai algo que de verdade chama a atención nesta obra é a súa delicadeza e aspiración á hora de conmover ó espectador coa máis precisa das manipulacións posibles e a total síntesis de movementos. Ó prescindir da palabra, é necesario que todas as accións e cada un dos movementos dos bonecos sexan certeiros co fin de transmitir a información das situacións coas que todos sentímonos identificados, pos este espectáculo fala da forma máis poética das cousas sinxelas que nos pasan a cotío a calquera de nós.
“Historias para unha man” é un espectáculo sen palabras, composto de catro delicadas pezas da vida cotiá : o soño, a pingueira, historias con frores e o impo, todas elas conducidas polas mans que poñen e quitan do escenario, pois estas son a ialma dos títeres.
FICHA : Historias para unha man
-Público: todolos públicos.
-Dirección: Arturo Pérez.
-Manipulación: Ton Arenas.
-Técnica: Títeres de luva e de variña.