Cervo, 23 de decembro, 2021. No día de hoxe, xoves 23 de decembro, as negociacións entre o Comité de Empresa e Alcoa, coa representación da Xunta e o Goberno Central finalizaron. O alcance da proposta, que levará a referendo nos próximos días, é o seguinte:
. Alcoa comprométese a traballar con 8 subministradores de enerxía cos que xa está en contacto, para alcanzar acordos a medio e longo prazo (PPAs), que entrarían en vigor a partir do 2024 e terían unha vixencia a 10 anos. Accede ao seguimento destas negociacións, así como os investimentos e a evolución do acordo, a través dunha mesa na que estarían presentes o Comité (2 membros por sindicato), Xunta e Goberno, cunha frecuencia mensual os 6 primeiros meses e trimestral de aí en diante. Actualmente están iniciadas as negociacións e comprométese a compartir un preacordo asinado antes do 1/01/2022.
. En canto ao plan para os anos 2022 e 2023:
-Garantía de facturación das empresas auxiliares durante os dous primeiros anos, con contratos garantidos a 3 anos (2022 a 2024) daquelas empresas externas directamente afectadas polo cesamento temporal. Prevese que os investimentos programados e outros servizos xeren a necesidade de prestación de servizos de @dicha auxiliares. Non acceden á cláusula que garanta que estas empresas non executarán ES nin ERTES durante este período, alegando que non están dispostos a coartar a capacidade organizativa das mesmas.
-Preferencia de contratación para as empresas de subministracións e transportistas locais.
-Investimentos por orde de execución nos dous primeiros anos:
Transporte e carga, paso a gas e reconstrución de forno de cocción
para ánodo grande.- 42 M$
Transformador novo (TRG) con axustador de tensión, deseñado para
200.000A.- 6 M$
1 Forno de homoxeneizado.- 3 M$
Barras de compensación magnética a 200.000A.- 12 M$
4 mesas de coada de tochos wagstaff con tecnoloxía “ hot top”.- 5 M$
-Depósito bancario por importe dos investimentos comprometidos e custo do rearranque (103 M$) ao dispor de Aluminio Español S.L., cuxa xestión sería compartida co Comité de empresa, baixo a fiscalización das Administracións, de maneira que con carácter mensual iríanse liberando os importes xustificados dos investimentos que se fosen executando, sempre co consentimento do Comité, quedando o restante ao dispor dun terceiro en caso de incumprimento.
-Cesamento temporal con parada programada da actividade durante dous anos en Electrolisis e Eléctrodos a partir do 1/01/2022, finalizando en 3 semanas, executando o rearranque do 100% (actualmente no 85%) da actividade a partir do 1 de xaneiro de 2024, cunha estimación de 6 meses para o rearranque. Disposición de 35 M$ para o rearranque.
-Seguirá operativa a actividade en Fundición e a Planta de Alúmina, para o que facilitaron o plan comercial durante estes anos, a razón de 65.000 t/anuais de tocho e previsión de venda de 25.000 t/anuais de placa. Os compromisos cos clientes non se verían afectados. Alcoa optimizaría a refusión do aluminio primario producido durante o período de folga, así como o doutros subministradores. Acerca da balsa de lodos vermellos, Alcoa insiste en que a primeira fase do proxecto, cunha ampliación do depósito ata o 2027, está aprobada e presentada a trámite ante a Xunta. Non está aprobada nin presentada a segunda fase, co proxecto ata o 2032.
-Os traballadores afectados seguirán o seu calendario habitual. A dirección de planta indicará as tarefas para realizar, incluíndo formación, substitucións ou actividades de mantemento e limpeza de instalacións. En caso de ausencia de traballo facilitarase permiso retribuído polo período correspondente.
-A partir do 1/01/2025, derivado da formación e execución de investimentos, realizaranse as revisións daqueles postos que así o requiran.
-Estableceríanse os contratos directos a data de 01/01/2023 de todos aqueles ETTs que durante o ano 2021 tivesen un contrato de posta a disposición, seguindo o proceso de avaliación.
-Na Planta de Aluminio non se acometerán expedientes de despedimento colectivo (nin ERE nin ERTE), durante 4 anos, ata o 31/12/2025.
-Convenio con vixencia de seis anos, do 2020 ao 2025:
Incremento salarial do 2% anual, tanto en táboas como axudas, pero
sen cláusula de revisión do IPC.
Prima ao 100% en 2021.
A partir do 1/01/2022 pagarase o plus de bombeiros para todo o persoal da Brigada, tanto de Aluminio como de Alúmina.
Incorporación dos acordos das actas do contrato de substitución 5/08/2021, acordo das avaliacións de ETTs en Aluminio 10/05/2018 e acta de preacordo do XVI Convenio Colectivo de 18/12/2017.
-Levantamento da folga e paz social durante a vixencia do acordo.
. A Xunta comprométese a axilizar o proxecto da DBR presentado por Alcoa no caso de que cumpra os requisitos xurídicos e ambientais, así como facilitar a tramitación dos proxectos enerxéticos ligados ás PPAs baixo a súa competencia (proxectos enerxéticos por baixo dos 50 MW), e o apoio e axudas aos proxectos de investimento baixo a súa competencia industrial, especificamente proxectos de eficiencia enerxética e innovación para grandes empresas, a razón do 30% da contía do proxecto.
. O Goberno Central ofrece o apoio e axudas aos proxectos de investimento baixo as súas competencias industriais e enerxéticas, de maneira que se incrementaría o importe actualmente comprometido para os investimentos.
. Este incremento no importe destinado aos investimentos, a liberar do importe comprometido no depósito destinado a investimentos, estará vinculado a un plan de incremento de intensidade, así como a proxectos de mellora da produtividade, eficiencia enerxética e/ou competitividade da Planta.
Requírese que o acordo estea asinado urxentemente e non máis tarde do 29 de decembro de 2021.
O Comité de Empresa, ante esta proposta, tomará as seguintes medidas:
Realizará unha Asemblea xeral o luns 27 ás 12:00 no Hórreo, ante a previsión de máxima afluencia.