Site icon Crónica3.com A Mariña

Proxección do documental Negro Púrpura no Valadouro

O Valadouro, 16 de decembro, 2021. O edil nacionalista Eduardo Chao continúa coa programación cultural semanal para todos os públicos no concello do Valadouro. Nesta ocasión, o sábado 18 de decembro ás 19:00horas proxéctase a longametraxe “Negro Púrpura” da productora galega Illa Bufarda no salón de actos da casa da cultura do concello do Valadouro.

Un documental, Negro Púrpura retrata a Galiza do s. XX a través do Claviceps purpurea, un fungo alucinóxeno que agroma nos cereais e que abre as portas a unha historia tan curiosa, sorprendente e descoñecida como importante no devir da nosa cultura e da economía dunha época. Caruncho, cornecelo, dentón, cornello, grao de corvo… este fungo de mil nomes conéctanos co resto do mundo e alimenta os relatos dende a porta da veciña ata as multinacionais farmacéu ticas e a CIA; dende as pragas medievais, pasando pola medicina popular, ata o LSD. Historias esparexidas que deixan un gusto amargo ao pan de centeo e que repercuten traspasados os océanos. Unha codia que garda un miolo delirante.

Non é preciso facer reserva previa, pero solo se admitirá público ata completar aforo por orde de chegada. No acceso ó recinto farase rexistro de cada persoa que accede ó local. Tamén no acceso ó local, se disporá de xel hidroalcólico e se comprobará que todos os usuarios leven as súas mascarillas.

Exit mobile version