Viveiro, 9 de decembro de 2021. O Concello de Viveiro presenta a súa programación de obradoiros de Nadal dirixidos aos nenos e nenas entre 5 e 12 anos.
En total, o Concello de Viveiro propón para estas festas un total de 8 obradoiros, nos que se mesturan o lecer e a cultura. Estas actividades comezarán o próximo 27 de decembro e estenderanse ata o día 5 de xaneiro.
Entre as propostas de actividades, inclúense xogos e visita ao belén, así como obradoiros de teatro, panxoliñas, Santos Inocentes ou mesmo cociña. O fin de ano infantil, a ginkana e unha actividade de experimentos divertidos completan a programación deste Nadal.
O Concello de Viveiro busca con este programa facilitar á rapazada unha oferta de lecer durante ás vacacións, á vez que contribúen á conciliación familiar nestes días non lectivos.
Dado que o aforo nestes obradoiros é limitado, os participantes deberán apuntarse por WhatsApp no teléfono 654208333. Todos os obradoiros realizaranse entre as 10:30 e as 13:30.