Site icon Crónica3.com A Mariña

Problemas de convivencia nun edificio de San Cibrao

Cervo, 23 de decembro, 2021. Desde a comunidade de veciños do edificio Islas en San Cibrao rogamos ao inquilino do noso edificio, que leva xa varios meses enturbiando a coexistencia de toda a comunidade, que comece a respectar unhas mínimas normas de convivencia e que nos permita residir nas nosas vivendas sen a preocupación e a inquedanza que nestes momentos habita con nós no día a día.

Xa van moitos os meses que no noso edificio o de descansar converteuse nunha auténtica utopía. A diario, unha morea de mozos e mozas sube e baixa sen ningún tipo de consideración coa veciñanza, facendo moitísimo ruído a horas intempestivas, deixando regueiros de suciedade e innumerables destrozos ao longo de todo o inmoble.
Xa van varias veces que, incluso, temos contemplado pelexas entre os mozos e mozas dentro do edificio, chegando incluso a intervir a Garda Civil en máis dunha ocasión.

A única etapa nos últimos meses que puidemos descansar, foi cando o inquilino en cuestión deixou de vivir solo para vivir con algún membro da súa familia.

Cremos que non é de recibo que varios veciños e veciñas tiveran que abandoar o que era a súa casa, o seu fogar, pola inseguridade de poder atoparse ante unha situación inesperada ao subir polo portal ou por ser incapaces de conciliar o sono durante as noites.

Despois de repetidas denuncias carentes de efecto, sentímonos desamparados ante a lei e atopámonos nunha situación máis que complexa, na que nos sentimos intranquilos na nosa propia casa.

Por ese motivo, agardamos que dunha vez por todas a familia do inquilino en cuestión, que é o neto dun empresario da zona, atope unha solución e permita que todos os membros da nosa comunidade e veciños do edificio, podamos convivir pacíficamente e descansar nas nosas vivendas sin a inquedanza que nestes momentos nos invade.

Exit mobile version