A piques de cumprirse os tres anos do citado anuncio e despois da aprobación dos orzamentos da Xunta para os anos 2020, 2021 e 2022, pasa o de sempre, moitas promesas e poucos feitos, unicamente se ten licitado e aprobado o proxecto, do comenzo das obras nada se sabe, parece ser que si falamos de infraestruturas os veciños e veciñas de Viveiro se lle pide unha vez mais un dogma de fe, crer sen ver.
Infraestruturas moi necesarias para Viveiro e toda a Mariña, que esta a vivir tempos de incerteza no sector industrial, motivada a crise das fabricas de Alcoa e Vestas, sendo as comunicacións por estrada unha das eivas fundamentais que nos condicionan e limitan a hora de poder optar a que novos proxectos industriais se asenten na nosa comarca.
Si temos en conta que a estrada LU-540 capta a practica totalidade do trafico de entrada e saída de Viveiro co resto de Galicia, agás a Mariña e Ortegal. O mesmo razoamento se pode facer si falamos de todo o trafico procedente ou con destino co resto do estado, agás o procedente da cornixa cantábrica, a actuación prevista pola Xunta, non colma a aspiración de Viveiro de contar cunha estrada acorde os tempos de hoxe, que mellore os tempos do desprazamento, minimice os riscos de seguridade e axude a dinamizar a economía de Viveiro e da Mariña Occidental. En Por Viveiro entendemos que Viveiro, concello de maior poboación da Mariña e terceiro de toda a provincia, despois de Lugo e Monforte, debería contar con unha VAC, vía de alta capacidade, que nos comunique coa autovía AG-64, VAC que enlazaría no noso concello coa futura VAC Costa Norte.
Por todo o exposto anteriormente, o Grupo Municipal de POR VIVEIRO traslada a seguinte proposta de acordo para a súa aprobación en pleno:
1. Instar o goberno da Xunta de Galicia a activación das anunciadas e prometidas obras de mellora na LU-540.
2. Solicitar a Xunta de Galicia a realización dun estudio de viabilidade dun proxecto de VAC que comunique Viveiro e a autovía AG-64
3. Enviar este acordo a Mancomunidade de concellos da Mariña, para que valoren solicitar o goberno autonómico o cumprimento dos puntos 1 e 2.