“As posturas do Psoe e do PP e dos gobernos que sustentan, desoíndo o clamor mariñao pola intervención da factoría de San Cibrao son a causa desta situación de incerteza para a comarca á que unha vez mais o Estado e Xunta deixan abandonada” afirmou o deputado mariñao no Parlamento de Galiza, Daniel Castro.
Continuar no traballo diario e na loita para reverter esta grave situación
En términos semellantes pronunciouse o responsable comarcal da organización, Antonio Veiga, amosando a disposición do BNG para continuar no traballo e na loita diaria para reverter esta situación preocupante e de incerteza que se vén enriba do tecido económico e industrial da Mariña, “porque os dereitos e as conquistas sociais son sempre fruto das mobilizacións sociais, nunca da paz social, e moito menos se esta vén auspiciada polas multinacionais, ás que nada lles importa a situación da nosa comarca e das nosas pequenas empresas, só lles importan os seus intereses”, afirmou.
Desde o BNG consideran que tanto o Goberno do Estado (Psoe-UP) coma o PP na Xunta foron e son os cómplices necesarios deses intereses das multinacionais, non só no caso de Alcoa senón tamén no caso de Vestas.
O Bng esixe das administracións o compromiso inmediato para a reindustrialización e dotación de infraestruturas
O BNG insiste na necesidade dun Plan de Reactivación Económica para A Mariña con compromisos firmes e no que tenen que implicarse conxuntamente Goberno Central e Xunta e no que se inclúa un Plan de Inversión en Infraestruturas xerais e estratéxicas, xeradoras de emprego (transporte, autovía, vía de alta capacidade, solo industrial, medio ambiente….) e que evite o desequilibrio territorial consecuencia de anos de desigualdade que sufre A Mariña a respecto doutros territorios. Unha comarca a nosa donde os investimentos da Xunta e do Estado nunca foron directamente proporcionais aos nosos recursos, ás nosas potencialidades e ao noso traballo.