Foz, 26 de decembro, 2021. O PSdeG-PSOE de Foz e a asociación Amigos de Ceferino manteñen viva a memoria do histórico socialista Ceferino Díaz no noveno aniversario do seu pasamento, cunha ofrenda floral celebrada na mañá deste domingo.
Pese ao desapacible do día, citáronse diante do monolito na súa lembranza situado onde bañadas polo mar cantábrico, repousan parte das súas cinzas.
Os socialistas de Foz e non esquecen os vínculos do político co pobo de Foz e a comarca da Mariña ao lo largo da súa vida e destacan a valía humana e solidaria de Ceferino Díaz, ademais da súa defensa do galeguismo e o importante papel que xogou na redacción e defensa do Estatuto de Autonomía de Galicia.
Unha lembranza que fan extensiva aos compañeiros e compañeiras de agrupación tamén fallecidos.