O director do centro, Xan Carballal, lembrou que “esta é unha cita que a nosa escola ven ofrecendo dende o seu inicio e que lamentablemente vímonos na obriga de interrompelo o ano pasado por mor da pandemia”.
Carballal subliñou que “como é habitual, o concerto estará levado polas agrupacións de coro, banda, orquestra, grupo de rock, grupo de jazz e os alumnos e alumnas de música e movemento e formación básica”.
E engadiu: “en canto ao repertorio, presentaranse obras propias destas agrupacións de tódalas épocas e pasando por estilos coma o clásico ata a música popular”.