Site icon Crónica3.com A Mariña

O VII Festival de Jazz & Blues de Ribadeo remata este sábado coa actuación de Alfredo García Quintet

Ribadeo, 10 de decembro, 2021. “Blue Line” é o segundo proxecto de Alfredo García como líder dunha formación. A súa música, enraizada no jazz, aproveita o mellor doutros estilos (funk, rock e world music).

Blue Line non é un proxecto que xurda da nada, xa que supón a continuación do seu traballo como compositor e intérprete. Este comezou con Alfredo García Quartet e o disco Riding into a New Path (premio do xurado no concurso Fnac Jazz Fussion 2012), cuxo título xa suxire o que se propón neste novo traballo: un paso máis cara a un jazz aberto a múltiples estilos e influencias.

A súa inquedanza como músico levoulle a investigar novos formatos e a probar diferentes rexistros de aí o paso de cuarteto a quinteto.

Line up: Alfredo García (guitarra e composición), Bruno Couceiro (batería), Iago Mouriño (piano), Jose García (saxo) e Pablo Sanmamed (contrabaixo).

Auditorio Hernán Naval, 20h. Entradas numeradas á venda: https://www.gameoverpro.es

Exit mobile version