Os populares consideran que “é unha intervención necesaria para mellorar a imaxe da propia Deputación de Lugo e a do Camiño de Santiago; son miles de persoas as que pasan polos distintos itinerarios do Camiño, que é unha verdadeira industria do Turismo para a nosa provincia, que axuda a economía de localidades do interior”.
Castiñeira sinala: “Todas as Administracións deben poñer o máximo dentro das súas posibilidades para facer máis atractivo o Camiño. Hai a posibilidade de que a Deputación o faga a cargo de fondos do Estado para promocionar o Xacobeo; debe poñerse mans a obra, xestionar esas subvencións e non deixalas de lado. Os concellos, como o de Palas no que estamos hoxe, estanse implicando en beneficio de todos. A Deputación de Lugo non pode permanecer á marxe”.
O portavoz popular tamén di: “Non nos gustou que no pleno da Deputación PSOE e BNG votaran contra a nosa proposta, deixando esta cuestión única e exclusivamente en mans da Xunta de Galicia; é ilóxico, cada un debe xestionar os seus bens e as estradas provinciais son bens da Deputación de Lugo, que se deben coidar e poñer en valor, máis aínda se coinciden o Camiño de Santiago”.