Foz, 14 de decembro de 2021. A falta de xestión do goberno municipal de Foz está amplamente contrastada na maior parte dos servizos municipais. Pero hai algúns nos que a falta de traballo do equipo que preside Fran Cajoto é especialmente grave, como é o caso daqueles que afectan directamente ás persoas máis vulnerables. O portavoz popular, Javier Castiñeira, destaca que “unha vez máis, no pasado pleno do Concello de Foz, tivemos que denunciar o deixamento e o pasotismo do equipo de goberno, especialmente do propio alcalde e da concelleira de Política Social, pero tamén dos seus socios do BNG, que se ven contaxiados da inacción que nos leva a un caos administrativo, que afecta a varios servizos, algún deles moi importantes”.
Sinala Castiñeira: “É o caso do servizo de Axuda no Fogar, o básico e especialmente o SAF dependencia, que está financiado pola Xunta de Galicia: a finais de ano serán case 680.000 euros o que pon a Xunta de Galicia para que se dea este servicio. Cóbrese a 107 usuarios e podíanse cubrir a moitos máis coas horas que está a dar a Xunta de Galicia, máis de 62.200”. O portavoz popular explica: “O Concello de Foz, pola súa falta de xestión, non está a cubrir 4.200 horas, o que é moi lamentable; entendemos que unha forma de actuar que hai que cambiar, posto que hai lista de espera e non se aproveita a totalidade das horas dispoñibles. O peor é que hai moitos usuarios e familias esperado por ese servizo tan importante, usuarios e familias que necesitan que se cubran esas horas”.
Os populares lembran que o equipo de goberno de goberno de Foz é o máis amplo da historia do Concello e non é capaz de sacar adiante este contrato, que leva caducado máis de dous anos. Castiñeira declara: “Nós vimos denunciando que non se actualiza o contrato; a empresa que o está a desenvolver é a empresa que o facía antes, pero hai que actualizar os contratos. O mesmo pasa no caso da depuración, saneamento e abastecemento, porque o contrato con Gestagua tamén está caducado. E o alcalde sigue pasando de todo, ao seu ritmo”.
O portavoz popular ten moi claro que, da inacción do goberno local, “os prexudicados son os veciños e os usuarios de servizos tan importantes como é o de axuda no fogar e a dependencia; hai lista de espera e o equipo de goberno non é capaz de aproveitar o cen por cento das horas que lle concede a Xunta de Galicia”.