O portavoz popular, Javier Castiñeira, explica: “O que queremos é crear un conxunto histórico importante, non só para Foz, senón para toda A Mariña. Entendemos que a catedral e o castro están intimamente ligados historicamente nun núcleo de poboación que ten máis de dous mil anos de antigüidade. Hai que tratar de buscar sinerxías entre estes dous elementos históricos, moi representativos de Foz e de toda A Mariña”.
Castiñeira sinala: “No seu momento, cando o PP gobernaba no concello de Foz, xestionou a adquisición deses terreos para poñelos en valor. A súa vez, a Xunta de Galicia impulsou traballos de prospeccións arqueolóxicas, dentro do plan de catedrais, e cremos que debemos de seguir nesa liña de poñelo en valor”. Engade: “A Deputación de Lugo é a única administración que aínda non colaborou na posta en valor deste conxunto histórico; é o momento de que o faga financiando esa senda peonil, de valor cultural e histórico, e que será un dinamizador turístico da zona”.
Os populares lembran que a basílica de San Martiño chegou a recibir a máis de 27.000 persoas; despois das catedrais e co Fuciño do Porco é un dos puntos máis visitados de A Mariña. Consideran que con esta senda pode ser aínda moito más importante como atractivo turístico”.
Castiñeira espera “o apoio de todos os grupos, porque o custo non é moi elevado e os beneficios que dará a posta en valor deste conxunto histórico poden ser moi interesante para toda A Mariña”.