Site icon Crónica3.com A Mariña

O portavoz do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, participou na visita que realizou o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, para comprobar as obras de rehabilitación do CEIP Gregorio Sanz

Destacou “a inversión de 1 millón de euros por parte da Xunta para mellorar as instalacións do noso colexio público que conta con máis 400 alumnos e alumnas”. Trátase “da obra máis importante realizada en Ribadeo no que vai de mandato municipal”, remarca. Vega pon en valor o traballo do Grupo Municipal Popular e o compromiso inversor da Xunta no municipio: “seguiremos traballando e xestionando orzamento para Ribadeo”.

Exit mobile version