Ribadeo, 11 de decembro de 2021. Remata o plan de formación rural, organizado polo Concello de Ribadeo, cun curso de elaboración de queixos, que se está a desenvolver na Escola de Remourelle durante este sábado e domingo.
O plan de formación rural deu comezo o pasado 23 de outubro cun curso de elaboración de pan, seguiu con outros de xabón, de cervexa e de cosmética natural e pecha este 2021 co de elaboración de queixos.
Ata a escola de Remourelle desprazáronse esta mañá o alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Medio Ambiente e Servizos Sociais, Jorge Díaz e Mónica Freire.
Todas estas actividades, que tan boa acollida están a ter, son gratuítas.