Burela, 29 de de decembro, 2021. A Xunta de Persoal do Distrito Sanitario da Mariña, como protesta pola situación que se segue a vivir ante a denegación sistemática de permisos, ten convocadas concentracións para este xoves 30 de decembro ás 13:30 horas na entrada de acceso ó hospital público da mariña, para seguir reclamando o dereito ao disfrute dos días de vacacións, días de libre disposición, descansos e demais permisos que esta Dirección lles nega ás/os profesionais da sanidade deste Centro.
Dende a Xunta de Persoal fan un chamamento ós traballadores/as e a cidadanía a secundar esta concentración para esixir á Xerencia que faga o seu traballo, atope unha pronta SOLUCIÓN ou do contrario que DIMITA.