Barreiros, 2 de decembro de 2021. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou hoxe dos traballos que está a executar o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para a mellora da rodadura da N-642 antiga nos concellos de Barreiros e Foz, no lugar da Espiñeira.
Isabel Rodríguez sinalou que as obras, que comezaron o martes, contan con un investimento de 48.324 euros. O obxectivo de esta actuación é a reparación do firme, que se atopaba en mal estado. Os traballos consisten no aglomerado e posterior pintura da vía e está previsto que rematen nesta semana.
A subdelegada explicou que con esta actuación o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana atende unha demanda veciñal que lle trasladaron os responsables municipais de Barreiros e Foz.