O mercado ubícase no Salón Multiusos da Casa do Concello e está organizado pola Asociación Proa, en colaboración co Concello de Viveiro no marco do seu programa de Nadal.
Nesta edición participan un total de 16 artesáns e artesás. Concretamente, están presentes: Rappa Taller, Conloquetengo, Sol Rujas, Artesanía Nia, David Catá, Taller Viola, La Bellota Mágica, Paula dimé, Obradoiro Taxus de madeira, Licores Os Maios, Salsagaucha, Kiyoko Sato, Dkastro/O Sapo Chosco, Augas Santas Cervexeiros da Mariña, Miña Rula e Sopa de Nuez.
Ademais, o mercado contará este ano cun espazo solidario, dedicado á integración social no mundo laboral a cargo de Aspanane, a Asociación de Pais e Nais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Viveiro.
A Trastenda de Nicomedes estará aberta ata o próximo 4 de xaneiro, en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00. Os días 24 e 31 de decembro, pechará as 20:00 horas e o 25 de decembro e 1 de xaneiro terá un horario especial, de 18:00 a 21:00 horas.