Esta actividade está organizada polo Concello de Lourenzá, a Asociación de Actividades Subacuáticas Illa Pancha, de Ribadeo, e o grupo de investigación Áncora.
No acto participarán o buzo profesional e arqueólogo especialista en Arqueoloxía Náutica e Subacuática da Universidade de Santiago de Compostela, David Fernández Abella; a arqueóloga especialista en xestión do patrimonio cultural, colaboradora do grupo de investigación Ecopast e xerente de Cado Arqueoloxía, Vanesa Trevín Pita; o investigador da Universidade do País Vasco, doutor en Historia pola Universidade de Oviedo e especialista en cerámica das épocas medieval e moderna Miguel Busto Zapico; e a restauradora e conservadora de bens arqueolóxicos María de la Fuente Ferreiro. Tamén intervirá Cidre Fernández.
A mostra estará aberta ao público na Sala de Exposicións do Concello de Lourenzá ata o 10 de xaneiro.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que esta exposición “é interesante para todo tipo de público e recomendada para que @s nen@s coñezan a riqueza arqueolóxica que hai nos fondos dos mares e das rías”.