No acto tamén estivo presente o presidente da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas, e a responsable da Zona de Lugo de ABANCA, Zaira Dapena. A Deputación financia esta campaña promovida pola Federación de Comercio co obxectivo de apoiar o comercio de proximidade e incentivar o consumo nos últimos días do ano. No sorteo participaron máis de 30.000 persoas que fixeron compras por un mínimo de 10€ no comercio minorista da provincia de Lugo. En total hoxe adxudicáronse 250 bonos de consumo por un importe de 30€ cada un, dos 1.000 dispoñibles, que poñerán en circulación 30.000€ en premios ao final da campaña.