Viveiro, 30 de decembro, 2021. O Concurso de Decoración navideña do CCHV xa ten gañador. Na tarde de hoxe o xurado fallaba os premios para a categoría comercio.
O concurso consistía en decorar e ambientar con motivos navideños as fachadas, escaparates e interiores dos locais.
O xurado estaba composto por Marisol Rey Concelleira de comercio, Lola Trasancos do Estudio de deseño de interiores North Desing e Iván Fernandez representante da Directiva do CCHV e artista local.
Valoraron tanto a orixinalidade, como a utilización de elementos da propia actividade comercial, ou a dificultade de elaboración e o resultado global, sen perder nunca de vista de que se trataba dunha ambientación de carácter navideño. Destacaron, ante todo, a gran calidade dos traballos e o esforzo e a involucración dos negocios para dar un ambiente o máis navideño posible ós seus locais. O veredicto estivo moi reñido, nesta edición o xurado tívoo moi complicado.
O gañador foi: KODY, e as mencións honoríficas ó segundo e terceiro clasificado respectivamente para Albo Zapaterías e Casa Chao.
A directiva quere agradecer a tódolos negocios a súa participación e o seu esforzo que fai que entre todos Viveiro luza espectacular Nadal tras Nadal
SORTEO 3 SOLDOS DE 1.200€
Estes días os negocios asociados ó CCHV seguen repartindo cas compras as rifas para o sorteo de 3 soldos de 1200€. Debido á situación sanitaria actual vémonos obrigados a cancelar o sorteo de forma presencial e mudalo a formato online.
Será igualmente o martes 4 de xaneiro ás 21:00 horas, pero farase nas oficinas do CCHV e será emitido en vídeo a través de tódalas nosas redes sociais, publicarase nos medios de comunicación, e informarase ós negocios asociados dos números agraciados que buscan dono para eses 3 premios de 1.200€.
Son 150.000 números os que puxeron en circulación para este sorteo que ano tras ano congregaba numeroso público na Praza Maior e por este motivo decidiuse cancelar o sorteo presencial e pasalo a formato online.
APERTURA COMERCIAL FESTIVOS
E dentro das aperturas de domingos e festivos, este domingo día 2 o comercio abrirá as súas portas en horario especial de festivos de 11 a 14 e de 17 a 20 horas, para que os clientes poidan realizar aquí as últimas compras de Reis, sen ter necesidade de desprazarse e de evitar retrasos cós agasallos.