Trátase de expedientes de orde de execución nos que, na súa meirande parte, os propietarios, unha vez requiridos, atenden aos mesmos.
Sen embargo, danse casos nos que o concello se atopa con resistencia ao cumprimento e actúa mediante a imposición de multas coercitivas, cando é posible localizar aos propietarios, ata acadar o cumprimento efectivo, e hai outros nos que, cando o propietario é descoñecido ou non é posible localizado, tras realizar averiguacións e xestións ao respecto, é preciso proceder á execución subsidiaria por parte do concello.
Nestes casos trátase de expedientes de tramitación longa, tendo en conta é necesario realizar as averiguacións e xestións referidas, publicacións nos boletíns, en moitos casos reiteración de notificacións, etcétera.
Un destes expedientes é o tramitado con respecto ao inmoble situado en r/ Melitón Cortiñas, número 26, esquina Juan García Junceda, 12. O expediente en 2019, de oficio, a raíz das labores de investigación do servizo de vixiancia urbanística. A orde de execución foi notificada aos herdeiros do titular catastral e, ao resultar infructuosa a notificación, procedeuse á publicación nos correspondentes boletíns oficiais.
Finalizado o expediente por resolución sen que se dera cumprimento á orde de execución ditada, en 2020 abriuse un novo expediente para iniciar a execución subsidiaria por parte do Concello de Viveiro. Tramitado o procedemento en virtude do artigo 44 da LPAC por resultar os titulares descoñecidos, finalmente ditouse resolución acordando a execución subsidiaria polo concello, a cargo dos titulares, dándose traslado aos departamentos correspondentes para a súa execución.
O Concello de Viveiro ten previsto demoler proximamente, mediante execución subsidiaria, este inmoble, sito no casco histórico de Viveiro, que sufriu un incendio a finais do século pasado e do neste momento quedan unicamente en pe a fachada principal con fronte a Melitón Cortiñas e parte das fachadas laterais.
Con carácter previo á realización dos traballos, é preciso tramitar a preceptiva autorización sectorial de Patrimonio, estando neste momento pendentes da autorización definitiva para iniciar a demolición.
Ata que se inicie a execución das obras, por parte do concello adoptaranse medidas provisionais para evitar riscos, da mesma maneira que se veu actuando ata o momento, con pequenas intervencións, para eliminar posibles perigos.
Prevese que proximamente se poida proceder á demolición deste inmoble, subsanándose, polo tanto, a situación existente e os riscos derivados do estado actual desa edificación.