Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro obtén o compromiso do Sergas para subsanar as carencias no alumeado na zona que rodea ao centro de saúde

Viveiro, 18 de decembro de 2021. O Concello de Viveiro púxose en contacto con Ramón Ares, Xerente da Área Sanitaria de Lugo, Cervo e Monforte, para demandar unha solución con respecto ao alumeado da zona que rodea ao Centro de Saúde, pertencente ao Sergas.

Ese espazo carece de iluminación e atópase totalmente a escuras, polo que dende o concello se lle solicitou a adopción de medidas para evitar, sobre todo, situacións vandálicas ou de perigo.

Por parte do xerente da Área Sanitaria manifestouse a súa intención de subsanar a situación, polo que dende o Concello de Viveiro se agarda que en breve esa zona poida contar con iluminación.

Exit mobile version