O alcalde Fran Cajoto informa que esta campaña é posible grazas á cesión da Dirección Xeral de Tráfico dun etilómetro dixital e outro evidencial, dentro do marco de colaboración que ten o Concello co organismo dependente do Ministerio do Interior. “Cumprindo as directrices da DXT e pensando no risco de atropelos, o Concello vén de rematar esta semana a colocación de novas sinais de limitación de velocidade en todo o casco urbano, quedando fixada en 30 km/h para todas as rúas agás nas que comparten plataforma vehículos e viandantes, como Paco Maañón, nas que a limitación se reduce a 20 km/h”.
“O fin último do Concello é a seguridade de todas e todos, por iso informaremos publicamente desta e outras futuras campañas”, destaca o alcalde Fran Cajoto.