Sábado, 11 de decembro
XERMADE
Local da Asociación Amuraxe, 17:00 horas
O Grupo de Teatro Axóuxeres, de Vilaronte (Foz), representa “Cousas de mulleres”.
Sinopse:
Esta é a historia de tres mulleres, cos seus problemas, loitando contra o mundo e ata consigo mesma, ás que o destino une por unha casualidade e que sen pretendelo acaban converténdose en grandes amigas. Esta obra busca elevar os ánimos con humor, xa que a unión fai a forza e non hai problema que non teña solución.
BARREIROS
Centro Sociocultural de San Cosme, 19:00 horas
O grupo Hipócrita Teatro, de Lugo, representa “Casting”.
Sinopse:
Varias actrices compiten por un único papel cinematográfico. Atrapadas nas súas personaxes estereotipo chegan ao límite do absurdo por cumprir coas expectativas do seu rol.
Unha comedia agridoce para chorar, rir ou chorar coa risa.
TRABADA
Casa da Cultura, 21:00 horas
O Grupo Lume Escénico, da Pontenova, representa “Cousas de bares”.
Sinopse:
Como consecuencia dun accidente de tráfico no que está implicado un coche fúnebre, nun bar aparece un ataúde cun boleto de lotaría dentro. Esta é unha obra de ritmo trepidante e con xiros inesperados. Unha cita fronte ao cemiterio, para un espectáculo… mortal!
Domingo, 12 de decembro
MONFORTE
Casa da Cultura Lois Pereiro, 18:00 horas
O Grupo Alentía Teatro, de Palas de Rei, representa “A escada dos contos”.
Sinopse:
É este un compendio de historias que aborda con tenrura e humor problemas tan importantes como a igualdade de oportunidades entre os xéneros, o acoso escolar, a cultura da paz, o recoñecemento á sabedoría e á experiencia das persoas maiores, o valor instrumental da educación como ferramenta imprescindible no crecemento do ser humano… Trátase dun espectáculo que reflexiona, en clave de humor, sobre a importancia de cultivar a autoestima, a mellor ferramenta para sortear obstáculos na vida. Que a fantasía arroupe os nosos corazóns!
PANTÓN
Casa da Cultura, 18:00 horas