Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG pide explicacións ao goberno pola falta de execución de 115M€ dos fondos europeos 2014-2020 para obras de depuración e saneamento

Santiago de Compostela, 2 de decembro 2021. A portavoz de Orzamentos, Noa Presas, o portavoz de Medio Ambiente, Luís Bará e a portavoz do BNG en Europa Ana Miranda, mantiveron un encontro no parlamento galego para abordar “a falta de execución, do Goberno galego dos Fondos europeos 2014-2020 para saneamento e depuración”.

Presas expresou a preocupación do BNG “ante a falta de dilixencia e transparencia” do goberno de Núñez Feixóo na execución dos fondos FEDER, 2014-2020. Para a deputada, o saneamento e Medio Ambiente deben ser dous piares cara a modernización de Galiza e nese sentido, anunciou “unha forte ofensiva institucional” para que o Goberno galego rectifique e deixe de “ser un obstáculo” para os fondos europeos e a súa xestión.

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda lembrou que Galiza ten unha “posición subordinada” nos fondos europeos, de cohesión e ordinarios, a pesar das competencias exclusivas para eses fondos. Para a portavoz nacionalista en Europa, existe un “risco de centralización” ao que sumou a “ineficacia do goberno de Feixóo”. Nesta liña, apuntou que a viaxe do titular do goberno galego a Bruxelas obedeceu a petición “dunha reprogramación dos fondos 2014-2020”. Ademais, o propio director de política de coexión da Comisión europea alertaba de que tanto o Estado español como Galiza eran os territorios con “maior retraso” de toda Europa na execución dos fondos, abondou.

Feixóo pide a Bruxelas unha prorroga para reprogamar os fondos

A maiores, Miranda denunciou “a falta de transparencia do Goberno galego na execución dos fondos” porque “non hai datos” como afirma o propio Consello de Contas.

Sabemos con certeza, afirmou, que a Xunta quere reprogramar os fondos no ano 2022 para utilizar este gasto en saneamento e depuración de augas para outros fins e o saneamento dos ríos e das rías non estarán presentes no programa, na xestión e execución dos fondos europeos cando estaban reflectidos no ano 2014, indicou.

Por outro lado, lembrou que a partir do 2021 ao 2027 a Comisión europea non considerará unha prioridade o saneamento das augas polo que reclamou unha explicación da actual situación dos fondos europeos porque continúan existindo “moitos pozos negros, moitas depuradoras sen facer e moitas rías sen depurar”.

Reprogramar os fondos para outros fins “é unha trampa”, recalcou Ana Miranda ao que sumou a preocupación de moitos concellos galegos para acadar financiamento para iniciar o saneamento e depuración de augas. “Galiza non conta cunha boa administración para xestionar os fondos europeos” e anunciou que o BNG trasladará á Comisión europea “o retraso, neglixencia e falta de transparencia do goberno galego” na xestión dos fondos europeos.

O goberno galego deixou sen executar 115 millóns de euros

O portavoz de Medio Ambiente, Luís Bará explicou que a partida para saneamento e depuración contaba cunha partida de “175 Millóns de euros” cunha execución do 35,86%, quedando “ 115 millóns de euros sen executar” e ante a “ameaza firme da Comisión europea” por sancións ao Estado e Galiza pola baixa calidade das augas abre a posibilidade de “multas graves pola falta de execución dos fondos”.

Por outra banda, criticou que a Xunta e Augas de Galiza continúen presumindo de facer ben o seu traballo e culpabilizando aos concellos cando en realidade, Augas de Galiza non “executa os fondos”.

O BNG, engadiu o deputado, presentou unha batería de iniciativas pedindo explicacións ao goberno galego e a Augas de Galiza sobre as medidas previstas para executar os fondos pendentes para o 2021-2027 ante o “risco” dun atasco para a licitación de proxectos que solapen os pendentes do ano 2020 con novas convocatorias.

Tamén solicitamos a comparecencia da conselleira de Infraestruturas porque, tanto a consellería como Augas de Galiza deben “poñerse as pilas” para cumprir os plazos e resolver a falta de calidade dos ríos e rías e que sexan exultados os 115 millóns pendentes.

Dende o BNG, recalcou Bará, “non imos consentir que os fondos se reprogramen e sexan designados a fins diferentes para os que estaban previstos”.

Exit mobile version