Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG insiste na sinalización das rutas de sendeirismo en Viveiro

Viveiro, 4 de decembro, 2021. Poñer unhas simples indicacións e/ou gravar unhas rutas para colgar na web oficial do Concello de Viveiro a disposición da veciñanza, parece ser unha odisea para o Goberno Municipal do PSOE de Viveiro.

Un ano pasou desde que foi aprobada a moción do BNG para a sinalización de roteiros de sendeirismo e outras disciplinas, e que a pesares das insistencias por parte dos nacionalistas para que estes roteiros foran sinalados antes do verán, nada hai a dia de hoxe a disposición da veciñanza. “Con este 2021 sumamos un verán máis sen alternativas saudábeis e de ocio para a xente que descoñece os nosos montes e o patrimonio natural que abranguen”, apunta Míriam Bermúdez, quen lamenta a “pouca disposición” do goberno actual.

Unha vez máis, o BNG resalta a falta de cumprimento de maneira sistemática por parte do Goberno de María Loureiro ás propostas da oposición, tal e como xa demandou o BNG reunindo a toda a oposición de Viveiro hai perto dun ano, sacando unha moción conxunta para o respecto dos acordos plenarios.

Os nacionalistas afirman que preguntarán no vindeiro pleno para saber que fixo o goberno socialista por cumplir co acordado, que xa vai fóra de tempo.

Exit mobile version