Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG denuncia que PSOE e PorViveiro defenden un coworking mentres aproban orzamentos con 100€ para creación de emprego

Viveiro, 27 de decembro, 2021. “De teatro” tacha o BNG a escenificación constante que fan xs concelleirxs do PSOE e Por Viveiro nas sesións plenarias. A última, coa moción para a creación dun coworking, proposta que levou a pleno PorViveiro e que defendeu das palabras da oposición a portavoz do PSOE, María Loureiro.

Na sesión plenaria a concelleira do BNG Míriam Bermúdez afirmou que “un centro de negocios, ou coworking, debe contar coa intensa colaboración dos servizos municipais de emprego, algo realmente complicado para o Concello de Viveiro cando non están cubertos os postos de técnica de emprego nin a de orientación laboral, prazas vacantes dende hai anos. Crear un centro de negocios municipal con estas áreas sen persoal sería comezar a casa polo tellado”, recalcou Míriam.

As deficiencias no persoal laboral do concello é algo no que o BNG xa leva meses incidindo, sendo incluso proposta para os orzamentos municipais.

A concelleira nacionalista destacou con enorme ironía: “o gran interés na creación de emprego que ten este co-goberno de María e Bernardo demóstrase nos orzamentos aprobados conxuntamente coa mesma gran partida na promoción de emprego ano tras ano duns valiosísimos 100€”.

Desde o BNG, acreditamos no enorme potencial de xente emprededora, innovadora e con gran capacidade que temos no concello de Viveiro, moitas destas persoas xente nova con ganas de ter un futuro mellor e que para nós é unha prioridade. Polo que sempre apoiaremos medidas que fomenten o traballo e o emprego, como neste caso os espazos de traballo compartidos e que xa tiñamos recollido no noso programa de goberno a creación dun centro de negocios municipal gratuíto para xente emprendedora na primeira fase de despegue do seu proxecto.

Exit mobile version