“Unha promoción turística chapada á antiga” denuncia a concelleira do Bloque en Viveiro, Míriam Bermúdez, quen demanda ao goberno de María Loureiro e á súa concelleira de turismo, María Soledad Rey, “máis traballo de campo comezando pola sinalización de rutas, e menos eventos e feiras de turismo onde se promociona ano tras ano o mesmo, pois non hai iniciativas municipais e todo o que se promociona son iniciativas alleas ao Concello.”
Polo que no BNG, gostariamos de saber que accións se teñen desenvolvido, si se fixo algunha, por parte do PSOE de Viveiro para dar cumprimento á moción aprobada do BNG, na que os seus puntos dicían o seguinte:
1. Crear un apartado na páxina web do cocello -ou nunha nova páxina web- na que se recollan rutas, tanto a pé como en bicicleta, mostrando niveis de dificultade, distancia, tempo aproximado, etc.
2. Que estas rutas estean dispoñíbeis nas diferentes plataformas dixitais GPS máis utilizadas na actualidade, tales como Wikiloc, Google Maps, etc.
3. Elaborar un folleto no que se recollan as rutas para estar dispoñíbel na Oficina de Turismo, dependencias municipais, etc.
4. Destinar unha parte dos vindeiros orzamentos para o mantemento e sinalización destas rutas, con elementos sustentábeis e acordes coa contorna.