Site icon Crónica3.com A Mariña

Mondoñedo celebrará este mércores o Día de Álvaro Cunqueiro

Mondoñedo, 20 de decembro, 2021. Este mércores día 22 de decembro o Concello de Mondoñedo e a Casa-Museo Álvaro Cunqueiro promoverán unha serie de actividades para conme-morar o Día de Álvaro Cunqueiro, xornada en homenaxe que se celebra coincidindo co aniversario do natalicio do escritor.

Os actos principiarán ás 12:00h na Casa-Museo Álvaro Cunqueiro coa inauguración da Exposición Álvaro Cunqueiro e Mondoñedo: Encrucillada de Camiños, na que está prevista que participen o alcalde da cidade, Manuel Otero Legide; a tenente de alcaldía e deputada do Parlamento de Galicia Elena Candia; César Cunqueiro, fillo do autor e tamén el escritor; Natalia Palmou, Directora de 70 Man-darinas e coordinadora da exposición; e mais Armando Requeixo, comisario da exposi-ción e coordinador de Actividades e Publicacións da CMAC.

Ás 18:00h proseguirá a celebración coa presentación no Salón de Plenos do Concello do volume Borges e Cunqueiro, creadores de labirintos, obra do profesor e escritor Claudio Rodríguez Fer, un traballo que se integra nos cadernos que compoñen a Colección Selva de Esmelle que publica a CMAC. Estarán presentes, ademáis do propio Claudio Rodrí-guez Fer, César Cunqueiro, unha representación do goberno municipal e mais Armando Requeixo.

O Día de Álvaro Cunqueiro completarase co concerto Cancioneiro do Camiño, un evento de entrada libre que ofrecerá Manoele de Felisa Grupo a partir das 19:30h no Auditorio Pascual Veiga e ao que tamén asistirán representantes do Concello e da CMAC.

Exit mobile version