José Miñones amosou a súa confianza en que esta nova etapa de diálogo permita asegurar o emprego e a actividade industrial na comarca da Mariña. Explicou que “desde o Goberno mantemos o diálogo aberto coa empresa, e esa é a boa noticia, porque mentres haxa diálogo hai posiblidades de chegar a unha solución satisfactoria para todas as partes”.
“A nosa prioridade absoluta é manter o emprego e estar ao lado dos traballadores, como sempre fixemos”, destacou o delegado do Goberno. Por iso, o delegado agradeceulles que “na última reunión eles mesmos valoraron o esforzo que estamos realizando desde o Ministerio para acadar un acordo”.
O delegado lembrou ademais, que o Goberno pediulle á empresa información “que nos dea garantías e esperamos seguir avanzando no bo camiño nas próximas reunións”.