Maite Ferreiro subliñou que “se dá continuidade a unha política de reparto equitativo de fondos que beneficiará á veciñanza de todos os concellos e que, un ano máis, se artella nos prazos axeitados para que as entidades locais poidan dispoñer dos recursos desde principios da anualidade”
As bases aprobadas recollen os criterios de distribución do Plan Único entre os concellos, determinando un mínimo de 150.000 euros e un máximo de 500.000, e establecendo como criterios de ponderación a poboación (40%), as entidades de poboación (25%), a superficie (20%) e o índice de envellecemento (15%).